Arancou unha nova edición do campamento de verán do Concello de Trabada, dirixido a nenos e nenas nados entre 2013 e 2021.
Do 23 de xuño ao 5 de setembro en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
Contamos con 43 participantes que gozarán de actividades lúdicas, educativas e deportivas adaptadas á súa idade.

«Continuamos ofrecendo programas que axuden á conciliación das familias, cun esforzo importante dende o Concello para manter este servizo durante o verán.»