O Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia. O Concello de Trabada asume nesta edición […]
O Concello de Trabada vén de solicitar unha axuda ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para levar a cabo a rehabilitación da antiga escola da Vilapena, coa finalidade de incorporala ao parque municipal de vivendas en réxime de alugueiro social. O proxecto presentado conta cun orzamento superior aos 68.000 euros e enmárcase na […]
O Concello de Trabada dá continuidade ao programa “Viaxa co Concello de Trabada”, unha iniciativa que conta cunha excelente acollida entre a veciñanza e que ten como obxectivo ofrecer alternativas de lecer, convivencia e descubrimento doutros territorios, sempre con todas as garantías de seguridade e organización. Nesta nova edición, o programa inclúe unha viaxe que […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, realizou un balance moi positivo da presenza do Concello na Feira Internacional de Turismo (FITUR), celebrada esta semana en Madrid, unha cita de referencia a nivel estatal e internacional para a promoción dos destinos turísticos. Durante a súa estancia en FITUR, o alcalde deu a coñecer o potencial turístico […]
O Concello de Trabada informa de que a partir do vindeiro domingo 18 reabrirán as instalacións deportivas municipais, concretamente a zona da pista do pavillón e o ximnasio municipal, tras o incendio rexistrado o pasado día 3 na área de vestiarios. A reapertura destas instalacións prodúcese apenas dúas semanas despois do incidente, permitindo retomar a […]
O Concello de Trabada abrirá a partir do vindeiro luns o prazo para a presentación de solicitudes para o alugueiro social da vivenda situada na antiga Escola de Mestres da parroquia de Valboa. As persoas interesadas disporán dun mes para presentar a súa solicitude. O prezo do alugueiro será de 143,82 euros mensuais, e dende […]
O Concello de Trabada inaugurará o próximo domingo, día 25, a partir das 12:15 horas, o novo centro social da parroquia da Ría de Abres. Un acto ao que están convidadas todas as veciñas e veciños do municipio, e de maneira especial, a veciñanza desta parroquia. No acto de inauguración contarase coa presenza da presidenta […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira do equipo de goberno, Lupe Rego, anunciaron a execución dunha actuación de mellora integral no local do Teleclub da parroquia de Sante tras realizar unha visita ao propio inmoble para comprobar o seu estado actual e as necesidades existentes. O proxecto contempla actuacións destinadas a mellorar […]
A parroquia de Sante comezará o ano celebrando a tradicional festa na honra do seu patrón, San Xulián, que terá lugar o sábado 10 de xaneiro no polideportivo da parroquia, dando así o pistoletazo de saída ao calendario festivo do 2026 no Concello de Trabada. Os actos darán comezo ás 13:00 horas coa misa solemne, […]
O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de renovación integral do parque infantil da parroquia de Fórnea, unha actuación cun investimento de algo máis de 50.000 euros, que foi posible grazas a un convenio asinado polo alcalde, Rubén García, coa Deputación de Lugo. Esta intervención supón unha mellora significativa dun espazo destinado ao […]