O Concello de Trabada vén de rematar os traballos de renovación do alumeado público en diferentes puntos do municipio, mediante a substitución das antigas luminarias por novas lámpadas de tecnoloxía LED, que permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico. As melloras realizáronse nos lugares de Vilapena, no Outeiro e en Vilasusá de […]
O Concello de Trabada inicia mañá, martes 20 de outubro, as actividades do Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias para o curso 2026/2027. A primeira sesión levará por título «Sácalle partido ao teu estudo» e estará centrada en ofrecer orientación e ferramentas prácticas ás familias para acompañar os seus fillos e fillas no […]
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, participou durante os últimos días en diferentes reunións, encontros institucionais e actividades de traballo en Bruxelas, onde tivo ocasión de trasladar as necesidades do municipio, presentar proxectos e establecer contactos con representantes de institucións europeas e entidades vinculadas ao desenvolvemento territorial. Un dos encontros mantidos foi co eurodeputado […]
O Concello de Trabada desenvolverá durante o curso 2026/2027 o Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias, composto por catro actividades que terán lugar na Casa da Cultura entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027. A programación comezará o 20 de outubro, ás 16:30 horas, coa charla para familias «Sácalles […]
A Festa da Enfariñada de Trabada recibiu esta tarde o premio «…E para comer, Lugo», na categoría de gastronomía lucense dos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da provincia de Lugo, convocados polo Consello Provincial de Turismo. Ata a Deputación de Lugo desprazáronse 14 cociñeiras e cociñeiros da Festa da Enfariñada, representantes […]
O Concello de Trabada pon en marcha un novo centro de estudos situado nas antigas instalacións da biblioteca, na Casa da Cultura, co obxectivo de ofrecer á veciñanza un espazo público e gratuíto no que estudar, consultar material bibliográfico e realizar diferentes tarefas académicas. O novo centro estará aberto de luns a domingo, en horario […]
O Concello de Trabada solicitou unha reunión con carácter urxente para coñecer con detalle as condicións e o procedemento de aplicación das bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao programa Mondigo Beneficia, ante as dúbidas que está trasladando a veciñanza. O alcalde, Rubén García Freije, remitiu unha mesma carta á Consellería de Economía e Industria da […]
O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de mellora dunha estrada municipal na parroquia de Valboa, nun tramo de aproximadamente 800 metros que parte da contorna da igrexa en dirección ao lugar de Sequeiro. O proxecto, cun investimento de algo máis de 45.000 euros, está incluído no Plan de Cooperación cos Concellos da […]
O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe dentro do programa «Viaxa co Concello de Trabada», que nesta ocasión terá como destino Portugal. A actividade desenvolverase os días 6, 7 e 8 de novembro e permitirá ás persoas participantes coñecer Oporto, Aveiro e o Bom Jesus do Monte. Esta iniciativa, que conta cunha moi boa […]
O Concello de Trabada informa do remate das obras de mellora da contorna da capela de San Miguel, en Vilapercide. Unha intervención coa que se acondicionou este espazo da parroquia e se renovaron diferentes elementos. Os traballos consistiron na construción dun novo muro de contención, a rehabilitación da fonte e a renovación da varanda. Esta […]
A piscina municipal de Trabada pecha hoxe as súas portas tras unha tempada de verán que deixa un balance moi positivo. Por primeira vez, as instalacións permaneceron abertas durante tres meses e acadaron o récord de asistencia. Durante este verán, o Concello incorporou tamén diferentes novidades para mellorar o espazo e facelo máis cómodo para […]