O Concello de Trabada vén de solicitar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) o plan Camiña Rural 2025-2026, co cal se mellorarán diferentes estradas e camiños nas parroquias de Vidal, Sante e Ría de Abres. O importe total do proxecto ascende a algo máis de 70.000 euros. O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou […]
A Asociación de Veciños San Julián de Sante continúa co seu ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita. Dentro deste programa, o vindeiro 8 de marzo celebrarase un curso de enxerto no Teleclub de Sante en horario de 10:00 a 19:30 horas. Esta xornada está deseñada para ensinar técnicas de enxerto que […]
Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa «Cine na Rúa», ofrecendo a proxección do filme «Oro Blanco». A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. «Oro Blanco» é unha película que aborda a loita […]
O Concello de Trabada e o Concello de Barreiros veñen de solicitar unha subvención conxunta de máis de 50.000 euros para a reforma dunha vía municipal que conecta a parroquia de Fórnea, en Trabada, con Vilamartín Pequeno, en Barreiros. O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de colaborar con concellos veciños para acceder […]
O Concello de Trabada vén de solicitar unha nova axuda á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para levar a cabo un proxecto de mellora da accesibilidade e renovación do Teleclub de Sante. A actuación busca garantir que todas as persoas, incluídas aquelas con mobilidade reducida, poidan acceder e utilizar as instalacións en condicións óptimas. […]
O Concello de Trabada vén de solicitar unha axuda á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, dentro dunha convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, para a creación de novos espazos verdes e melloras no complexo deportivo municipal. O proxecto presentado ascende a 75.000 euros e inclúe a instalación dunhas […]
O Concello de Trabada vén de presentar unha solicitude á Axencia de Turismo de Galicia para obter unha subvención destinada á mellora e recuperación de infraestruturas turísticas. O proxecto, que conta cun orzamento de 30.000 euros, céntrase na adecuación, recuperación e tratamento paisaxístico do miradoiro da Área recreativa de A Choza. Segundo explicou o alcalde, […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira Rosa Prieto visitaron esta mañá a Tomasa Reimondo González, veciña de Orrea, na parroquia de Trabada, para celebrar xuntos o seu 100º aniversario. Durante o emotivo encontro, o rexedor trasladoulle o agarimo de todo o municipio, destacando a importancia de celebrar a vida e a experiencia […]
O Concello de Trabada recibiu onte a visita da Asociación Saúde Mental A Mariña, nunha xornada de intercambio e colaboración que resultou moi agradable e produtiva. Durante o encontro abordáronse os distintos proxectos que ambas entidades desenvolven en conxunto. Un deles é a elaboración das tradicionais cuncas da Enfariñada, evento que se celebrará o vindeiro […]
O programa Viaxa co Concello de Trabada promove o turismo cultural cunha nova viaxe organizada para os próximos días 29 e 30 de marzo. A actividade está destinada aos veciños e veciñas empadroados no municipio maiores de idade e ofrece unha oportunidade excepcional para descubrir importantes enclaves patrimoniais e culturais. O prezo da viaxe é […]