O CONCELLO DE TRABADA CONSIDERA “INTOLERABLE E MOI MELLORABLE” A XESTIÓN DA XUNTA E DA EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO ‘COIDADOS PORTA A PORTA’

O Concello de Trabada considera “intolerable e moi mellorable” a xestión do servizo ‘Coidados Porta a Porta’, tanto por parte de Xunta de Galicia como da empresa adxudicataria, tal e como xa manifestou o pasado venres. A finais do mes de marzo, a empresa adxudicataria, Silman 97, contacta co Concello de Trabada mediante carta solicitando […]

A ALCALDESA DE TRABADA CRITICA A MALA XESTIÓN DO SERVIZO ‘COIDADOS PORTA A PORTA’ E LAMENTA QUE O DELEGADO DA XUNTA VISITASE HOXE E AUTOBÚS SEN AVISAR PREVIAMENTE

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lamenta que o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitase hoxe o autobús do servizo ‘Coidados Porta a Porta’ ubicado na praza do Concello sen avisala con anterioridade. “Unha mostra máis da ausencia de cortesía institucional por parte da Xunta, que visita o concello sen avisar á […]

O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA XUNTO A RIBADEO, A PONTENOVA E SAN TIRSO DE ABRES A RECUPERACIÓN DA SENDA VERDE DO FERROCARRIL

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xunto aos alcaldes de Ribadeo, A Pontenova e San Tirso de Abres (Asturias) reuníronse co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para solicitar a súa colaboración na recuperación da senda verde do ferrocarril. As vías verdes buscan recuperar os trazados inutilizados de tren, converténdoos en sendas […]

O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA UNHA AXUDA AO MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA PARA A REHABILITACIÓN DO PAI E A CÁMARA AGRARIA

O Concello de Trabada solicita unha subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos para as entidades locais (PIREP local), para levar a cabo as obras de renovación da Cámara Agraria e do Punto de Atención á Infancia (PAI). No edificio do PAI, […]

O CONCELLO DE TRABADA PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA DE APOIO AO POBO UCRAÍNO

O Concello de Trabada, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), pon en marcha unha campaña solidaria de apoio ao pobo ucraíno que ten como obxectivo contribuír a paliar a crise humanitaria que está a sufrir o país. A través desta campaña humanitaria, o concello pon a disposición dos refuxiados ucraínos as […]

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados