Trabada segue avanzando na mellora das estradas municipais

Trabada segue avanzando na mellora das estradas municipais

O Concello de Trabada continúa avanzando na mellora das súas infraestruturas municipais coa posta en marcha dunha nova actuación que se executará nos próximos meses na vía municipal que conecta a Igrexa de Valboa co lugar de As Cabanas.

O proxecto, cun investimento de máis de 45.000 euros, está incluído dentro do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo e suporá unha renovación integral deste primeiro tramo da vía.

As actuacións previstas incluirán a limpeza previa de cunetas, o aglomerado en quente da estrada, o pintado completo da vía e a instalación de nova sinalización vertical, mellorando así a seguridade, o estado do firme e as comunicacións nesta zona do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos traballando para mellorar as nosas vías de comunicación, executando actuacións que contribúan a renovar infraestruturas fundamentais para a veciñanza”.

Así mesmo, sinalou que “seguimos elaborando novos proxectos para continuar levando melloras ás distintas parroquias do noso concello, co obxectivo de seguir modernizando os nosos servizos e espazos públicos”.

 

Página anterior O Concello de Trabada informa sobre o proceso para optar a bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao parque eólico Mondigo para o sector primario e empresarial

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados