O Concello de Trabada impulsa actuacións de mellora en todas as parroquias do municipio

O Concello de Trabada impulsa actuacións de mellora en todas as parroquias do municipio

O Concello de Trabada continúa executando actuacións de mellora nos camiños municipais e nos espazos públicos das diferentes parroquias, nun esforzo por garantir infraestruturas en boas condicións e unha atención equilibrada a toda a veciñanza. Nos últimos días avanzouse na renovación do asfaltado e na limpeza de camiños e cunetas en varias zonas do concello. […]

O Concello de Trabada acolle un coloquio sobre cooperación internacional organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Trabada acolle un coloquio sobre cooperación internacional organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Trabada acollerá este venres, 12 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, o coloquio “Que raio fai o meu concello en África?”, unha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade coa que o Concello colabora. A sesión contará coa participación de persoas que formaron parte de misións […]

O Concello de Trabada presenta o campamento de Nadal 2025-2026

O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha do Campamento de Nadal 2025-2026, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio ou con familiares empadroados. O campamento desenvolverase do 22 de decembro ao 2 de xaneiro, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e incluirá obradoiros, […]

O Concello de Trabada aproba uns orzamentos históricos para 2026, que superan por primeira vez os 2 millóns de euros

O Concello de Trabada aproba uns orzamentos históricos para 2026, que superan por primeira vez os 2 millóns de euros

O pleno do Concello de Trabada aprobou hoxe os orzamentos correspondentes ao exercicio 2026, que acadan unha cifra histórica no municipio: 2.051.341,61 euros, sendo a primeira vez que Trabada supera a barreira dos dous millóns. Trátase duns orzamentos “ambiciosos, realistas e centrados no coidado das persoas”, tal e como destacou o alcalde, Rubén García. Aposta […]

O Concello de Trabada reabre a bolsa de emprego do Servizo de Axuda no Fogar

O Concello de Trabada reabre a bolsa de emprego do Servizo de Axuda no Fogar

O Concello de Trabada informa da reapertura da bolsa de emprego para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), co obxectivo de reforzar o persoal dispoñible ante o aumento da demanda e das horas de atención que se están a prestar no municipio. Nas últimas semanas produciuse un incremento significativo do número de […]

O Concello de Trabada apoia un intenso fin de semana festivo en Vilarbetote e Sante

O Concello de Trabada apoia un intenso fin de semana festivo en Vilarbetote e Sante

O Concello de Trabada vivirá esta fin de semana un amplo programa de actividades organizadas en colaboración coas asociacións veciñais e comisións de festas locais. A programación arrincará o sábado 15 de novembro coa celebración de San Briz 2025 en Vilarbetote, e continuará o domingo 16 en Sante cun maratón de tute e un gran […]

Trabada impulsa unha fin de semana chea de actividades para todos os públicos

O Concello de Trabada presenta un intenso programa de actividades para esta fin de semana con propostas para todos os públicos, que inclúen tradición, música e deporte ao aire libre. Ao longo dos días 7, 8 e 9 de novembro, a Praza do Concello e diferentes espazos do municipio converteranse en punto de encontro para […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados