O Concello de Trabada conseguiu unha subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para rehabilitar a primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal. O orzamento das obras de reforma é de 28.819,43 euros e a subvención obtida polo concello é de 25.937,48 euros. Unha vez rematada a actuación, […]
Na xornada de onte deu comezo o campamento urbano de verán 2022 do Concello de Trabada. Grazas a esta actividade, un total de 19 nenos e nenas gozarán ata o mes de setembro de propostas de ocio e lecer en horario de mañá. No campamento participa un grupo de cativos e cativas de entre 3 […]
Os concellos de Trabada e Ribadeo conseguiron a subvención que solicitaron de forma conxunta á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une a través dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. “Agradecemos a axuda pero lamentamos que […]
O pleno do Concello de Trabada aprobou esta mañá cos votos a favor en solitario do grupo municipal socialista un convenio co Concello de Ribadeo para o subministro de auga aos núcleos de Vilarbetote, Sante, A Rabexa, Pedrido, Pacios, San Martiño e Vilafernando. O abastecemento de auga nestas parroquias prodúcese a través dunha captación no […]
A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, reivindicou hoxe en Cáceres “a importancia duns servizos públicos de calidade no rural”, poñendo en valor iniciativas do Ministerio de Reto Demográfico “como o Campus Rural ou os programas de axudas, tanto para administracións como para entidades sen ánimo de lucro ou empresas para levar a […]
O Concello de Trabada acolleu este sábado o Encontro dos Maiores, coa presenza de máis de 180 persoas nunha emotiva xornada tras dous anos de parón obrigado pola pandemia do coronavirus. Este foi ademais o primeiro ano no que participaron os residentes e tamén veciños do Centro de Atención aos Maiores de Trabada. “Para nós, […]
O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, neste caso de 20.000 euros, para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa do concello. A convocatoria das axudas, do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, estaba destinada á […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de reforma dos vestiarios e o ximnasio do pavillón polideportivo municipal. A actuación nos vestiarios foi na zona das duchas, renovando o pavimento por un novo e antideslizante, ademais de mellorar a rede de saneamento e os desagües. Segundo o informe […]
O Concello de Trabada conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia para acometer un proxecto de mellora e embelecemento do entorno do Camiño de Santiago entre o municipio e unha fonte de gran valor para os veciños situada nas inmediacións de Porto do Malle. O procedemento elixido polo goberno autonómico para a convocatoria, outorgando as […]
O Concello de Trabada considera “intolerable e moi mellorable” a xestión do servizo ‘Coidados Porta a Porta’, tanto por parte de Xunta de Galicia como da empresa adxudicataria, tal e como xa manifestou o pasado venres. A finais do mes de marzo, a empresa adxudicataria, Silman 97, contacta co Concello de Trabada mediante carta solicitando […]