O CONCELLO DESTINARÁ O PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN DA DEPUTACIÓN AOS PROGRAMAS DE INVESTIMENTOS, FOMENTO DE EMPREGO, SAF E ACTIVIDADES CULTURAIS

O Concello de Trabada aprobou nunha xunta de goberno local as obras e servizos incluídos no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo, que suporán un investimento de máis de 260.000 euros. As obras que se realizarán son a rexeneración do pavimento dos accesos a Vilafernando, Pacios, O Acevedo e […]

TRABADA E RIBADEO SOLICITAN UNHA SUBVENCIÓN PARA ACONDICIONAR UN CAMIÑO SUPRAMUNICIPAL E A PONTE DE UNIÓN ENTRE VALBOA E CEDOFEITA

Os concellos de Trabada e Ribadeo solicitaron de forma conxunta unha subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Piñeiro (Cedofeita). Os núcleos de poboación da Igrexa, Salgueiro, As Cabanas, Biduedo e […]

A ALCALDESA SOLICÍTALLE UNHA REUNIÓN A ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO E A COLABORACIÓN DA XUNTA PARA CONSTRUÍR UN AUDITORIO E UN AULA DE MÚSICA

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, remitiulle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita a colaboración do goberno autonómico para a construción dun auditorio e dunha aula de música. “O Concello de Trabada redactou un proxecto para a construción dun auditorio e unha aula de música, […]

O CONCELLO DE TRABADA REMATA AS OBRAS DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN ORNAMENTAL NO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS E NO SEU ACCESO

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas. O concello conseguiu unha subvención de 30.000 euros para esta actuación e foi a alcaldesa, Mayra García Bermúdez, quen tramitou persoalmente a solicitude das axudas, para as que […]

O CONCELLO DE TRABADA TERÁ NO ANO 2022 UN ORZAMENTO DE 1,5 MILLÓNS, DOS QUE O 22% IRÁN A INVESTIMENTOS PARA MELLORAR A VIDA DOS VECIÑOS

O grupo de goberno do Concello de Trabada levará ao pleno do próximo mércores, día 1 de decembro, os orzamentos municipais do ano 2022. Trabada terá un orzamento de 1.495.265,40 euros, destacado o esforzo inversor, que ronda o 22%. “Con esta partida, faremos fronte a necesidades inevitables dos servizos e a investimentos que permiten mellorar […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados