Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO SOLICITA DÚAS SUBVENCIÓNS PARA RENOVAR A FACHADA DA CÁMARA AGRARIA E INSTALAR ILUMINACIÓN NO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS

O CONCELLO SOLICITA DÚAS SUBVENCIÓNS PARA RENOVAR A FACHADA DA CÁMARA AGRARIA E INSTALAR ILUMINACIÓN NO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS

O Concello de Trabada solicitou dúas subvencións á Xunta de Galicia para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria e a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.

Unha vez máis, a Xunta de Galicia convocou unhas axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite dun venres.

Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada, tramitou persoalmente as dúas subvencións e logrou presentar as solicitudes ás 00.03 horas. “Son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na fin de semana”, explica.

“Estou convencida de que iso non sucede na maioría dos concellos de Galicia, e que son os propios empregados públicos os que están sometidos ao estrés de tramitar as axudas no menor tempo posible, porque en cuestión de minutos esgótase o crédito orzamentario con este procedemento elixido pola Xunta de Galicia”, engade.

O obxectivo da actuación na Cámara Agraria é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural corrixindo os impactos paisaxísticos qe ocasiona, tendo en conta o establecido no artigo 39 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, no que se sinala que os materiais e cores das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e as construcción do entorno.

As tarefas consistirán polo tanto na limpeza e reparación das zonas con humidade e mofo, así como na pintura das catro fachadas mediante pintura plástica lisa coa combinación de cores incluídas no catálogo de ‘A Mariña e o baixo Eo’, coas mesmas cores que se utilizaron para pintar a antiga escola e vivienda de Mestres, recentemente convertida en museo etnográfico. O concello solicitou á Xunta unha axuda de 17.500 euros.

No caso do aparcadoiro de autocaravanas, e despois da elevada ocupación durante o verán, “queremos seguir mellorando esta dotación e o que pretendemos facer agora é instalar unha iluminación ornamental que permita aos turistas disfrutar do espazo, xa que ademáis da zona de aparcadoiro e de vaciado de augas conta cunha zona de picnic que tamén valoran moitísimo os usuarios, pola comodidade que supón non ter que sacar e colocar as mesas e as sillas para comer”.

O concello xustifica a súa necesidade de forma inmediata dado que agora remata o verán e, ao disminuír as hora de luz, a iluminación é fundamental para que os visitantes poidan dispoñer dos servicios da mesma a partir das 18 horas.

Páxina anterior O CONCELLO PECHOU 2020 CUN REMANENTE DE TESOURERÍA DE 290.806 EUROS E UN IMPORTE EXECUTADO DE 1.582.248 EUROS

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego