Escudo e bandeira

ESCUDO

O escudo municipal lembra no seu armería ao abade Sperautano, ao ilustre Alcalde guerrilleiro Díaz da Rocha, aos ríos que fertilizan o termo municipal e á súa riqueza salmonera.

O castelo é a figura principal do brasón dos Díaz da Rocha. Aquí lembra a D. Melchor e á fazaña que realizou cos campesiños de Valboa, Sante e Vidal, plantando batalla aos invasores franceses na Guerra da Independencia. O báculo simboliza ao abade Sperautano e ao seu primitivo mosteiro. O «calzado», típica partición da antiga heráldica hispana, coas ondas branquiazuis, representa as augas dos ríos. Por último, os salmóns lembran aos que poboan as augas do río Eo.

BANDEIRA

A bandeira municipal inspírase no escudo de armas. De forma rectangular e longo igual á vez e media o ancho, consta de bandas ondeadas horizontais provistas de oito franxas, a metade brancas e a outra metade azuis; encostada ao hasta en cor verde cun castelo dun torreón amarelo e con portas e xanelas azuis.

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego