Bienvenida del alcalde

Benvidas e benvidos á páxina web do Concello de Trabada.

O Concello de Trabada quere ser aberto, próximo ao día a día de todos os veciños e veciñas, e tamén moderno e eficaz. Por iso, os tres piares fundamentais do equipo de goberno que presido son a transparencia, a eficacia e a participación veciñal.

Trabada é un municipio da Mariña Oriental que ten moitas virtudes que o diferencian doutros concellos. A nosa riqueza paisaxística e natural. Unha localización privilexiada, cunha preciosa paisaxe de montaña e a apenas 15 minutos dalgunha das praias máis fermosas do país. A súa potencial riqueza económica, con variadas fontes de recursos: a agricultura, a gandería, a industria forestal e unha enorme potencialidade para o turismo e o pequeno comercio.

O compromiso deste equipo de goberno para o próximos catro anos é que todos os veciños e veciñas sintan que o seu concello preocúpase por eles, e que saiban que o noso único empeño é facilitarlles a vida e axudar a facer realidade os seus proxectos e expectativas, logrando un pobo unido e solidario.

Desde aquí, envíovos un cordial saúdo.

Rubén Garcia Freije
Alcade de trabada

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego