Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

TRABADA CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA INSTALAR ILUMINACIÓN ORNAMENTAL NO APARCADOIRO

TRABADA CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA INSTALAR ILUMINACIÓN ORNAMENTAL NO APARCADOIRO

O Concello de Trabada conseguiu unha subvención de 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.

Unha vez máis, a Xunta de Galicia convocou unhas axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite.

Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada, tramitou persoalmente a subvención e logrou presentar a solicitude ás 00.03 horas. “Son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na finde semana”, explica.

Despois da elevada ocupación rexistrada durante o verán no apacadoiro de autocaravanas, “queremos seguir mellorando esta dotación e o que faremos agora é instalar unha iluminación ornamental que permita aos turistas disfrutar do espazo, xa que ademáis da zona de aparcadoiro e de vaciado de augas conta cunha zona de picnic que tamén valoran moitísimo os usuarios, pola comodidade que supón non ter que sacar e colocar as mesas e as sillas para comer”.

Nos meses de outono e inverno, a iluminación é fundamental para que os visitantes poidan dispoñer dos servicios do aparcadoiro a partir das 18:00 horas.

Páxina anterior RENOVACIÓN DOS VIAIS QUE DAN ACCESO AOS NÚCLEOS DE PORTELA, A VEIGA DESDE A LU-P-6102, E DE VILAPERCIDE A CABANA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego