Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DESTACA O MODELO DE XESTIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN AOS MAIORES, QUE CONTARÁ DESDE MAÑÁ CON 30 PERSOAS USUARIAS

O CONCELLO DESTACA O MODELO DE XESTIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN AOS MAIORES, QUE CONTARÁ DESDE MAÑÁ CON 30 PERSOAS USUARIAS

Os concelleiros do Concello de Trabada Julia María Barcia e Rubén García visitaron hoxe o Centro de Atención aos Maiores de Trabada, onde celebran durante toda a xornada a festividade do Magosto.

Trátase dunha actividade onde ademáis de falar desta festa do outono, as persoas usuarias do centro cantaron cancións populares e disfrutaron de castañas asadas. Pola tarde, saborearán unha merenda de castañas cocidas con leite.

A día de hoxe, o Centro de Atención a Maiores conta con 29 usuarios, pero na xornada de mañá cubriranse a totalidade das prazas coa chegada dunha nova usuaria procedente do Concello de Trabada.

Dende o Goberno Municipal querese unha vez máis destacar o modelo de xestión do centro, a través do cal se atende a calquera veciño con independencia da súa capacidade económica. Tamón poñen en valor a labor de todos os profesionais que traballan coidando dos maiores.

Páxina anterior TRABADA CONSIGUE UNHA ACHEGA DA XUNTA DE 8.700 EUROS PARA RENOVAR A REDE DE ABASTECEMENTO EN VILARBETOTE TRAS PROSPERAR UNHA RECLAMACIÓN DA ALCALDESA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego