Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO ENTREGA UN REGALO DE NADAL AOS USUARIOS DO CENTRO DE MAIORES, DESTACANDO O MODELO DE XESTIÓN DAS INSTALACIÓNS

O CONCELLO ENTREGA UN REGALO DE NADAL AOS USUARIOS DO CENTRO DE MAIORES, DESTACANDO O MODELO DE XESTIÓN DAS INSTALACIÓNS

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García, e os concelleiros Julia María Barcia e Rubén García visitaron o centro de maiores para pasar un rato coas persoas usuarias, desexarlles felices festas e obsequiarlles cun regalo de Nadal.

En concreto, lles regalaron un paquete de productos de cosmética que o concello mercou na farmacia de Trabada, coa finalidade de colaborar co comercio local.

“Queremos felicitar unha vez máis ao persoal da residencia polo gran traballo que realizan”, afirmou a alcaldesa, agradecendo tamén a colaboración “do centro de saúde e a farmacia, así como ao persoal do concello e á Deputación de Lugo pola importante labor que fan para que os nosos maiores teñan un envellecemento digno, xa que fixeron das instalacións da residencia un fogar”.

Mayra García Bermúdez destaca que “a xestión está centrada nas persoas, con independencia da súa capacidade económica; un modelo que xera riqueza no territorio, xera postos de traballo, aumenta o consumo dos comercios locais, favorecendo o consumo de productos locais e de tempada; un modelo no que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co seu medio, familiares, amigos, veciños, por iso teñen preferencia no acceso os veciños e veciñas de Trabada… en definitiva, un modelo para que os maiores encontren neste centro o seu fogar”.

Páxina anterior A ALCALDESA SOLICÍTALLE UNHA REUNIÓN A ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO E A COLABORACIÓN DA XUNTA PARA CONSTRUÍR UN AUDITORIO E UN AULA DE MÚSICA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego