Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA AMPLÍA ATA OUTUBRO DE 2025 O CONVENIO COA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA A XESTIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN AOS MAIORES

O CONCELLO DE TRABADA AMPLÍA ATA OUTUBRO DE 2025 O CONVENIO COA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA A XESTIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN AOS MAIORES

O Concello de Trabada aprobou hoxe nun pleno municipal unha addenda ao convenio que ten coa Deputación de Lugo para a xestión do Centro de Atención aos Maiores, ampliando a súa vixencia ata outubro de 2025.

Desta forma, o concello obtén a garantía de que continuará a xestión do centro nas mesmas condicións que as actuais, dando servizo a día de hoxe a 30 persoas usuarias.

“Para o noso concello é moi importante manter este modelo de xestión do centro, a través do cal se atende a calquera veciño con independencia da súa capacidade económica”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermudez, que pon tamén en valor unha vez máis “a labor de todos os profesionais que traballan coidando dos nosos maiores”.

García Bermúdez lembra que “a xestión da residencia de Trabada está centrada nas persoas, un modelo no que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co seu medio, familiares, amigos e veciños, por iso teñen preferencia no acceso os veciños e veciñas de Trabada; en definitiva, un modelo para que os maiores atopen neste centro o seu fogar”.

No pleno, debatiuse tamén sobre a recente cesión duns terreos de Trabada por parte da Deputación de Lugo ao concello. “O obxectivo é presentar algunha iniciativa industrial ou agroforestal para optar ás axudas europeas ‘Next Generation’, e para iso é condición indispensable que o concello dispoña dos terreos”, explicou a alcaldesa. «Os concellos temos máis facilidades para concurrir a estes fondos», rematou.

Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA PROMOCIONA EN FITUR O SEU PATRIMONIO NATURAL E O NOVO MUSEO ETNOGRÁFICO

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego