Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

TRABADA ADXUDICA AS OBRAS PARA RENOVAR O XIMNASIO E OS VESTIARIOS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

TRABADA ADXUDICA AS OBRAS PARA RENOVAR O XIMNASIO E OS VESTIARIOS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

O Concello de Trabada adxudicou as obras para a realización de diferentes melloras nos vestiarios e no ximnasio do pavillón polideportivo municipal.

En concreto, a actuación nos vestiarios será na zona das duchas, renovando o pavimento por un novo e antideslizante, ademais de mellorar a rede de saneamento e os desagües.

No ximnasio, renovarase a maquinaria existente, como as cintas de correr, as bicicletas e os aparatos de musculación, ademais de repoñer os espellos existentes.

Nas dúas actuacións nos vestiarios e o ximnasio, o Concello de Trabada investirá máis de 35.000 euros, adaptando as instalacións ás necesidades dos usuarios.

“Con estes traballos, continuamos co noso plan de mellora continua das infraestruturas municipais”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

“Para o noso grupo de goberno, o deporte e os hábitos de vida saudables son prioritarios, polo que estas melloras no polideportivo eran moi necesarias”, engade.

Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA DE APOIO AO POBO UCRAÍNO

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego