Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA XUNTO A RIBADEO, A PONTENOVA E SAN TIRSO DE ABRES A RECUPERACIÓN DA SENDA VERDE DO FERROCARRIL

O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA XUNTO A RIBADEO, A PONTENOVA E SAN TIRSO DE ABRES A RECUPERACIÓN DA SENDA VERDE DO FERROCARRIL

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xunto aos alcaldes de Ribadeo, A Pontenova e San Tirso de Abres (Asturias) reuníronse co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para solicitar a súa colaboración na recuperación da senda verde do ferrocarril. As vías verdes buscan recuperar os trazados inutilizados de tren, converténdoos en sendas accesibles, cómodas e seguras para ciclistas e peóns.

Nesta reunión, os representantes municipais presentaron os proxectos propostos en 2002 e 2010 ao secretario de Estado. Hugo Morán comprometeuse a realizar un novo estudo da situación actual, xa que nos últimos anos os municipios realizaron actuacións nesta senda ou teñen previsto realizalas.

Neste sentido, os municipios implicados recalcan que todos os concellos realizaron actuacións a título individual para recuperar esta senda. Deste xeito, os representantes municipais coinciden na necesidade dun proxecto de que integre os diferentes tramos existentes e complete os restantes. 

“A senda verde permitiranos ampliar os atractivos turísticos da zona, cunha nova oferta deportiva, ademais de poñer en valor a infraestrutura ferroviaria e as actividades no medio natural”, subliña Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

O proxecto suporá un trazado de 30 quilómetros, entre Ribadeo e A Pontenova, de vital importancia para o territorio xa que implica unha recuperación medioambiental e un revulsivo económico para a zona. Ademais, trátase dun proxecto interautonómico, ao percorrer Galicia e Asturias.

Unha vez realizado o estudo sobre a situación actual, valoraranse as posibilidades de financiamento, así como as entidades competentes, para coordinar entre todas elas o recursos necesarios. 

Páxina anterior O CONCELLO PON A DISPOSICIÓN DOS SEUS VECIÑOS UN NOVO SERVIZO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL A TRAVÉS DO MÓBIL, ‘TRABADA INFORMA’

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego