Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO ABRE A PISCINA MUNICIPAL A PESAR DAS DIFICULTADES PARA ATOPAR SOCORRISTAS POLA ACTUAL NORMATIVA DA XUNTA

O CONCELLO ABRE A PISCINA MUNICIPAL A PESAR DAS DIFICULTADES PARA ATOPAR SOCORRISTAS POLA ACTUAL NORMATIVA DA XUNTA

O Concello de Trabada únese ás queixas de numerosos concellos de Galicia polos problemas para a contratación de socorristas neste verán, derivados da actual normativa da Xunta de Galicia.

No caso de Trabada, o concello solicitou o 25 de febreiro a axuda para a contratación de dous traballadores socorristas, a xornada completa, que permitirían o funcionamento do servizo todos os días da semana na piscina municipal.

De feito, o día 6 de maio o concello recibe a comunicación de concesión da subvención para a contratación dos dous socorristas por un importe de 6.220 euros.

O problema este ano en Galicia é que a nova normativa da Xunta esixe aos socorristas unha formación que non se demanda noutras comunidades autónomas, o que dificulta as contratacións.

A duración e o custe dos cursos de formación para desenvolver un traballo normalmente temporal, e na maioría dos casos complementario aos estudos, leva aos mozos e mozas a desistir da súa realización.

No caso de Trabada, tras tres procesos de contratación abertos dende o 10 de maio para cubrir dúas prazas non se pechou ningún contrato. “Tivemos que contratar a unha persoa a través dunha empresa co curso de socorrista doutra comunidade autónoma e vémonos na obriga de renunciar á axuda que a Xunta concedeu ao concello, polo tanto teremos que asumir o gasto da contratación do socorrista con fondos propios municipais e pechar a piscina municipal dous días á semana”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

“Pedímoslle á Xunta que modifique a normativa e que facilite o acceso a postos de socorristas, ao igual que o fan en comunidades autónomas veciñas, porque é unha pena non poder abrir estas instalacións. Abrimos hoxe pero non sabemos por canto tempo, porque aínda hai procesos selectivos noutros concellos da comarca e a falta de persoal fai que na medida do posible o persoal opte polo traballo que máis cerca lles queda”, engade.

Páxina anterior A ALCALDESA ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 178.000 EUROS DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA RENOVAR UN VIAL QUE PERCORRE VARIOS NÚCLEOS DA PARROQUIA DE SANTE

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego