Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

A PRAZA DO CONCELLO DE TRABADA ACOLLE UN ANO MÁIS A PROGRAMACIÓN CULTURAL ‘SERÁNS CULTURAIS’

A PRAZA DO CONCELLO DE TRABADA ACOLLE UN ANO MÁIS A PROGRAMACIÓN CULTURAL ‘SERÁNS CULTURAIS’

O Concello de Trabada presenta a súa programación cultural e lúdica para este verán baixo o nome ‘Seráns Culturais’. A programación ofrece diferentes espectáculos artísticos, como concertos, musicais ou maxia, con eventos dirixidos a todos os públicos.

Os eventos celebraranse todas, agás as actividades fluviais, na praza do Concello de Trabada, que se converterá un ano máis no epicentro cultural do verán.

O programa comeza este sábado, 23 de xullo, cunha proposta de actividades fluviais na ría de Abres a partir das 11:00.

Os eventos continuarán na semana das Festas Patronais, o venres 12 de agosto, coa actuación de “Uxía Lambona e a Banda Molona”, ás 18:00. Esa mesma noite, ás 22:00, proxectarase a película “Valentina”.

O domingo 14 de agosto o programa “Saborea a túa provincia”, da Deputación de Lugo, visitará Trabada cunha proposta de actividades relacionadas coa gastronomía. Esta xornada gastronómica e lúdica, que comezará ás 12:00, estará amenizada polo grupo tradicional “Tumba e dalle”.

Ademais, esa mesma tarde “Kote Malabar” presentará un espectáculo de maxia a partir das 18:00.

O luns 15 de agosto, día de Santa María, actuará “Mamá Cabra” ás 18:00. Mentres que o martes 16 de agosto, día de San Roque, Trabada recibirá a actuación do rockeiro e guitarreiro “Pakolas”.

“Dentro da nosa aposta prioritaria pola cultura e pola igualdade, confeccionamos unha programación familiar, para que as familias e a cidadanía en xeral gocen do ocio e a cultura nos seráns deste verán”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Páxina anterior A ALCALDESA DE TRABADA TRASLÁDALLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL OS PROXECTOS PENDENTES E AS DEMANDAS HISTÓRICAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego