Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA RETOMA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SAUDABLES PARA DIFERENTES IDADES

O CONCELLO DE TRABADA RETOMA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SAUDABLES PARA DIFERENTES IDADES

O Concello de Trabada retoma as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas de diferentes idades, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables.

En concreto, o concello informa aos seus veciños e veciñas que dende o martes 4 de outubro reanúdase o programa “+ SÁUDE”, dirixido ás persoas maiores do municipio. 

“É un programa gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de tódolos veciños e veciñas. A finalidade desta iniciativa é a de promover a autonomía das persoas maiores, e en consecuencia, mellorar a súa calidade de vida”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez. 

Por outra banda, o Concello de Trabada oferta aos seus veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento que se impartirá no pavillón municipal. Esta actividade vai dirixida ás persoas adultas. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas municipais do concello antes do 30 de setembro. 

Así mesmo, o Concello de Trabada pon a disposición de nenos e adultos empadroados no Concello un servizo de transporte gratuíto para acudir a cursos de natación á piscina municipal de Ribadeo. Toda persoa interesada nesta actividade deberá facer a solicitude nas oficinas municipais antes do 30 de setembro. 

“Dende que chegamos ao goberno, traballamos intensamente co único obxetivo de mellorar o noso concello e polo tanto, a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas; queremos que teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar no que vivan”, engadiu Mayra García. 

Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO SERVIZO DE CONCILIACIÓN ‘LUDISERÁNS’ PARA O CURSO LECTIVO 2022-2023

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego