Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA INSTALARÁ O MÉRCORES DÍA 30 A CARPA INFORMATIVA DA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O CONCELLO DE TRABADA INSTALARÁ O MÉRCORES DÍA 30 A CARPA INFORMATIVA DA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O Concello de Trabada instalará este mércores, día 30, unha carpa informativa da campaña de compostaxe doméstica a fin de que os veciños e veciñas interesados en participar se poidan informar e inscribir.

Entre as 11.00 e as 13.00 horas, na Praza do Concello de Trabada daranse as coñecer os detalles desta iniciativa ideada para a participación de vivendas.

A condición indispensable é posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro que recibirán de forma totalmente gratuíta.

Os interesados poderán inscribirse ben na propia carpa ou ben nas oficinas municipais, de xeito presencial ou de forma telefónica, ata o fin de existencias.

Esta iniciativa desenvolvese en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.

?Dende o Concello de Trabada anímase a veciños e veciñas á súa participación, para entre todos colaborar por un concello limpo e respectuoso co medio ambiente.

Páxina anterior <strong>O CONCELLO DE TRABADA APROBA UN ORZAMENTO PARA 2023 DE 2.010.326,37 EUROS E DUPLICA A PARTIDA DE INVESTIMENTOS</strong>

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego