Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

A ALCALDESA DE TRABADA SOLICÍTALLE Á XUNTA “AXUDA PARA FACER FRONTE Á PRAGA DE VERMES QUE ESTÁ A CAUSAR ESTRAGOS NOS CULTIVOS E COLLEITAS”

A ALCALDESA DE TRABADA SOLICÍTALLE Á XUNTA “AXUDA PARA FACER FRONTE Á PRAGA DE VERMES QUE ESTÁ A CAUSAR ESTRAGOS NOS CULTIVOS E COLLEITAS”

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, solicítalle á Xunta de Galicia “colaboración para facer fronte á praga de vermes que está a causar estragos nos cultivos e colleitas”.

García Bermúdez envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, “preocupada por unha situación que afecta gravemente ao noso concello e ao entorno natural que nos rodea, transmítolle a nosa inquedanza con respecto á praga de vermes que actualmente nos afecta en Trabada».

«Nos últimos meses, observamos un aumento significativo na poboación de vermes, unha praga que está a causar estragos nos cultivos dos gandeiros e agricultores así como nas zonas verdes, o que afecta non só á estética do noso contorno, senón tamén á calidade de vida da veciñanza, que por unha banda ven estragadas as súas colleitas e por outra provocan limitacións no día a día xa que esta praga chega ata as portas das vivendas”, explica a alcaldesa.

Dende o Concello de Trabada solicítase “a súa colaboración para facer unha avaliación exhaustiva da situación e así desenvolver un plan de acción que inclúa métodos de control e axudas aos afectados ao igual que se fixo polos danos ocasionados por outras pragas, como recentemente se fixo dende a consellería que dirixe para paliar os danos ocasionados polo incremento poboacional da rata toupa”.

“Ademais, sería de gran axuda proporcionar información e orientación á veciñanza sobre como previr a súa proliferación, polo que espero que poida abordar esta situación de maneira rápida e efectiva, adoptando medidas concretas para protexer o noso entorno natural e unha actividade esencial no rural, como é a agrogandeira”, remata a alcaldesa.

Páxina anterior PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NOS ANOS 2022 A 2024

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego