Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO XA RECOLLEU MÁIS DE 500 SINATURAS PARA PEDIR Á XUNTA QUE REPOÑA A PRAZA DO MÉDICO QUE SE XUBILOU NO CENTRO DE SAÚDE

O CONCELLO XA RECOLLEU MÁIS DE 500 SINATURAS PARA PEDIR Á XUNTA QUE REPOÑA A PRAZA DO MÉDICO QUE SE XUBILOU NO CENTRO DE SAÚDE

O Concello de Trabada xa recolleu máis de 500 sinaturas entre a veciñanza para reclamarlle á Consellería de Sanidade que repoña no centro de saúde a praza do médico que se xubilou, unha iniciativa impulsada pola anterior alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

“Xa son máis de 500 firmas as recollidas ata o momento entre a veciñanza e animamos aos veciños que aínda non asinaron a facelo”, explica o actual alcalde, Rubén García. Os veciños e veciñas interesadas poden asinar no Concello de Trabada, o centro de saúde e a farmacia.

“A sanidade pública e, en especial, a atención primaria, son fundamentais para un concello como o noso, falamos dun servizo esencial”, engade García.

“En Trabada durante estos preto de nove anos de goberno fixemos unha aposta clara e decidida no que se refire aos servizos públicos e de calidade, por iso lle solicitamos á Xunta de Galicia, que ten as competencias en sanidade, que cubra esta praza. Non podemos estar días completos sen médico como ten pasado en varias ocasións, e tampouco é suficiente cubrir a media xornada o posto do médico cando non está o titular”, remata o alcalde.

Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA ENTREGA UN AGASALLO DE NADAL AOS USUARIOS DO CENTRO DE MAIORES

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego