Convenio de colaboración entre o Concello de Trabada e a Deputación de Lugo para a Festa da Fariñada

Convenio de colaboración entre o Concello de Trabada e a Deputación de Lugo para a Festa da Fariñada

✍️ O alcalde de Trabada, Rubén García, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinaron onte un convenio de subvención nominativa para a celebración da Festa da Fariñada, que será o próximo 5 de maio.
👍 “Agradecemos a colaboración da Deputación de Lugo para organizar esta festa que cumpre a súa quinta edición, unha iniciativa do noso goberno local para homenaxear un plato típico do noso pobo”, asegura o alcalde de Trabada.
“Unha festa que cada ano ten máis aceptación e atrae a máis xente a Trabada”, engade Rubén García, que adianta que “nos próximos días publicaremos o cartel e toda a información sobre o evento”.
Pola súa parte, o presidente da Deputación de Lugo manifestou que “esta cita naceu hai poucos anos e xa ten unha gran aceptación. De feito, o ano pasado servíronse máis de 700 racións, o que da boa mostra do gran traballo que fan dende o concello e tamén dende a veciñanza para facer desta festa un atractivo máis de Trabada que contribúa á súa dinamización social e económica”
Páxina anterior O CONCELLO DE TRABADA TEN UN PROXECTO PARA RENOVAR A ÁREA RECREATIVA DA CHOZA

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego