MERCADIÑO DE NADAL

MERCADIÑO DE NADAL

🎄 TRABADA CELEBRA O 21 DE DECEMBRO UN MERCADIÑO DE NADAL CON ‘PAPANOELADA’ E INCHABLES PARA OS NENOS
 
✅ “Queremos que sexa un lugar de encontro para comezar o Nadal da mellor maneira, promocionando ademais os productos locais e artesanais da proximidade”, explica o alcalde, Rubén García.
 
👉 Colaboran co concello na súa organización o Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato
O Concello de Trabada, coa colaboración do Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato, organiza o sábado 21 e decembro un Mercadiño de Nadal con actuacións musicais e actividades para os nenos e nenas.
 
“Queremos que o deste ano sexa un mercadiño especial, un lugar de encontro da veciñanza e os que nos visitan para dar comezo ao Nadal”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que presentou o cartel coa tenenta de alcalde, Julia María Barcia, e representantes do Motoclube A Cadeira e a asociación O Picato.
 
O mercado, de 12:00 a 20:00 horas na praza do Concello, terá productos locais e artesanais de proximidade, a actuación da ‘Coral Entre Ríos’, Papanoelada motera con chocolate e biscoito gratis, e a visita de Papá Noel e o Apalpador.
 
Ademais, os nenos e nenas terán inchables gratis durante toda a xornada e pintacaras. O concello aproveitará o mercadiño para celebrar o encendido das luces do Nadal.
 
“Será un sábado moi especial, de ambiente de Nadal, encontros e fraternidade ao que convidamos a toda a veciñanza”, engade o alcalde, Rubén García.
Páxina anterior ATENCIÓN TEMPERÁ

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego