Sexto aniversario CAM Trabada

O Centro de Atención a Maiores de Trabada celebrou o seu sexto aniversario cunha xornada festiva e musical

As instalacións do CAM de Trabada acolleron este xoves unha celebración moi especial: o seu sexto aniversario. Ao acto asistiron o alcalde, Rubén García, e o concelleiro Pablo González, que quixeron acompañar ás persoas usuarias nesta data tan significativa. Durante a celebración, os asistentes gozaron da actuación musical do grupo Sons de Celeiro, que puxo […]

O Concello de Trabada acada unha subvención de 60.000 euros para mellorar o complexo deportivo municipal

O Concello de Trabada acada unha subvención de 60.000 euros para mellorar o complexo deportivo municipal

O Concello de Trabada vén de conseguir unha nova axuda por importe de 60.000 euros ao abeiro da convocatoria de “Axudas para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos”. Esta subvención permitirá acometer unha mellora significativa do complexo deportivo, cun investimento […]

Novo equipamento para a atención de emerxencias no Concello de Trabada

A Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Trabada ven de acadar un remolque para a atención de emerxencias, tras a solicitude do Concello de Trabada o pasado 19 de agosto de 2024. No día de onte, o alcalde Rubén García Freije e varios membros da Agrupación de voluntarios desprazáronse ata a Sede da Axencia […]

Recollida plásticos agrícolas Trabada 19 maio

O Concello de Trabada realizará a recollida de plásticos agrícolas o 19 de maio

O Concello de Trabada vén de anunciar a próxima campaña de recollida de plásticos de procedencia agrícola, que se realizará o día 19 de maio. Esta iniciativa está dirixida a facilitar a retirada deste tipo de residuos nas explotacións agrogandeiras do municipio, contribuíndo á protección do medio ambiente e ao apoio do sector primario. A […]

Cuncas Enfariñada Trabada Asociación Saúde Mental A Mariña

A Festa da Enfariñada contará con cuncas feitas pola Asociación Saúde Mental A Mariña grazas á colaboración co Concello de Trabada

O Concello de Trabada anuncia  unha nova colaboración coa Asociación Saúde Mental A Mariña, no marco da celebración da Festa da Enfariñada, que terá lugar o vindeiro 4 de maio. Neste caso, a achega da asociación consiste na elaboración artesanal das cuncas conmemorativas do evento, realizadas polos propios membros da entidade. O alcalde de Trabada, […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados