O Concello de Trabada conmemora o 8M cunha proxección cinematográfica sobre a forza das mulleres

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa «Cine na Rúa», ofrecendo a proxección do filme «Oro Blanco». A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

«Oro Blanco» é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.

Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e debate sobre o papel das mulleres na sociedade.

Animamos a todas e todos a achegarse á Casa da Cultura para compartir esta xornada e seguir traballando xuntas e xuntos por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Páxina anterior O Concello de Trabada e o Concello de Barreiros solicitan unha subvención conxunta para mellorar unha vía municipal

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados