O Concello de Trabada mellora a rede viaria municipal en varios barrios do municipio

O Concello de Trabada mellora a rede viaria municipal en varios barrios do municipio

O Concello de Trabada vén de realizar actuacións de mellora en diversas vías de comunicación co obxectivo de continuar avanzando na modernización e mantemento das infraestruturas locais.

As intervencións leváronse a cabo en diferentes barrios do concello, nomeadamente en Orrea, A Trapa, A Cachopa, O Chapizo, San Esteban, O Vilar e O Pantigal. Estas obras permitiron acondicionar tramos de estrada que presentaban deficiencias, mellorando así a seguridade viaria e a comodidade para o tránsito veciñal.

O alcalde, Rubén García, sinala que “desde o Concello de Trabada seguimos apostando pola mellora continua das nosas infraestruturas, especialmente as vías de comunicación, que son clave para a calidade de vida da veciñanza e para fixar poboación no rural”.

Estas actuacións forman parte dun plan máis amplo de investimento en infraestruturas municipais, que se verá completado con novos proxectos que se executarán nas próximas semanas e meses en diferentes puntos do municipio.

 

 

Páxina anterior O Concello de Trabada recupera as súas tradicións coa celebración de San Fernando en Valboa

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados