Viaxa co Concello de Trabada Gijón

O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe a Gijón para o 24 de xuño

O Concello de Trabada impulsa unha nova actividade de lecer e convivencia coa organización dunha viaxe á cidade de Gijón, que terá lugar o 24 de xuño. A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de Trabada e a usuarias e usuarios do servizo de Terapia Ocupacional.

O programa da xornada inclúe a visita ao Acuario, ao Museo do Ferrocarril, xantar  e o seguro de viaxe. O prezo total é de 50 euros por persoa.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición e facer o pago nas oficinas municipais do Concello de Trabada ata o 13 de xuño. As prazas son limitadas e no caso de quedar vacantes tras ese prazo, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.

Desde o Concello de Trabada destacan que este tipo de propostas buscan fomentar a participación social, o acceso á cultura e o benestar emocional da veciñanza, promovendo espazos de encontro e dinamización comunitaria.

Páxina anterior Os Concellos de Trabada e Barreiros conseguen unha axuda para mellorar a vía entre Fórnea e Vilamartín Pequeno

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados