O Concello de Trabada pon en marcha o campamento de verán con 43 participantes

O Concello de Trabada pon en marcha o campamento de verán con 43 participantes

O Concello de Trabada deu comezo hoxe ao seu campamento de verán, dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021. Esta iniciativa desenvolverase dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Nesta nova edición participarán 43 nenos e nenas, que poderán gozar dunha ampla variedade de actividades lúdicas, educativas e deportivas, adaptadas ás diferentes idades.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos ofrecendo programas que axuden á conciliación das familias do noso concello. Sabemos que hoxe en día é fundamental facilitar a organización da vida familiar e laboral, polo que dende o Concello facemos un esforzo importante para prestar estes servizos durante o verán”.

Este campamento forma parte do compromiso do Concello de Trabada coa conciliación e o apoio ás familias.

Páxina anterior O Concello de Trabada abre o próximo luns o prazo para solicitar unha nova vivenda social en Vilapercide

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados