O Concello de Trabada, en colaboración con ARA Formación, pon en marcha un curso de manipulador de produtos fitosanitarios (25 horas, nivel básico) que se desenvolverá entre o 15 e o 20 de setembro, en horario de 16:00 a 21:00 horas. A formación será de carácter presencial e ten un custo de 90 € por persoa.
As persoas interesadas dispoñen de prazo para inscribirse ata o 5 de setembro, podendo facelo a través dos teléfonos 886 203 763 / 698 190 633 ou ben mediante correo electrónico en vera@araformacion.es e conchi@araformacion.es.
Este curso está especialmente dirixido a todas aquelas persoas que precisen obter a certificación oficial para o uso seguro de produtos fitosanitarios, un requisito cada vez máis demandado no sector agrícola e forestal.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de contar con este tipo de formación no concello: “animamos a participar neste curso, que supón unha oportunidade para mellorar a cualificación profesional e cumprir coa normativa vixente. Apostamos por traer este tipo de accións formativas porque entendemos que supoñen un beneficio directo para a nosa veciñanza e para o desenvolvemento económico do noso territorio.”
Con esta iniciativa, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa formación continua e o apoio ao sector primario, fundamental na nosa comarca.