Novas actuacións municipais en Villapercide para mellorar os servizos e infraestruturas

Novas actuacións municipais en Villapercide para mellorar os servizos e infraestruturas

O Concello de Trabada vén de executar diferentes melloras en Villapercide, consistentes na instalación dun novo alumeado público e na mellora dos accesos ao campo da festa. 

Con esta actuación, o goberno municipal atende as demandas da veciñanza e continúa co seu compromiso de modernizar infraestruturas e espazos de uso comunitario nas distintas parroquias do concello. 

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos a dar resposta ás necesidades veciñais, mellorando servizos básicos como o alumeado público e acondicionando espazos tan importantes como os campos da festa, que son lugares de encontro social e cultural”. 

Desde o Concello sinalan que estas obras forman parte da estratexia municipal de mellora continua dos equipamentos públicos, co obxectivo de garantir condicións máis seguras e confortables. 

Páxina anterior Rematan as obras de aforro enerxético na rede de luz pública en cinco núcleos de Trabada

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados