Aprobada en pleno a ordenanza que regula o servizo de limpeza de terreos e fincas abandonadas en Trabada

Aprobada en pleno a ordenanza que regula o servizo de limpeza de terreos e fincas abandonadas en Trabada

O Concello de Trabada deu hoxe un novo paso adiante en materia de prevención e xestión forestal coa aprobación, no pleno ordinario, da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de terreos, soares e franxas de xestión de biomasa. 

Esta ordenanza, que entrará en vigor a mediados de novembro, pon á disposición da veciñanza unha ferramenta municipal que permitirá solicitar ao Concello a xestión da limpeza e desbroce de fincas abandonadas ou franxas secundarias de seguridade arredor de vivendas e edificacións. 

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “o noso obxectivo é axudar aos veciños na xestión das súas fincas e parcelas, ofrecendo unha alternativa eficaz cando non teñen outras opcións. Esta é unha iniciativa novidosa no noso concello, coa que buscamos facilitar o cumprimento das obrigas legais e, ao mesmo tempo, mellorar a seguridade e a convivencia en todo o territorio municipal”. 

Con esta medida, o Concello de Trabada reforza a súa aposta pola prevención de riscos, a mellora ambiental e a posta a disposición da cidadanía de novos servizos que contribúan a unha xestión responsable do territorio. 

Páxina anterior Novas actuacións municipais en Villapercide para mellorar os servizos e infraestruturas

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados