O Concello de Trabada inicia a renovación da área recreativa de A Choza na Ría de Abres

O Concello de Trabada inicia a renovación da área recreativa de A Choza na Ría de Abres

O Concello de Trabada vén de poñer en marcha a primeira fase das obras de renovación da área recreativa de A Choza, situada na parroquia da Ría de Abres. Esta actuación contará cun investimento de 30.000 euros dunha subvención concedida pola Dirección de Turismo de Galicia.

Nesta primeira fase prevese a substitución de parte do valado de madeira por materiais reciclados e de imitación madeira, así como a renovación das papeleiras, fontes e mesas da zona recreativa. O obxectivo é mellorar e modernizar este espazo tan frecuentado pola veciñanza e visitantes, garantindo a súa conservación e adaptándoo a criterios de sustentabilidade e accesibilidade.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos traballando na mellora dos nosos espazos turísticos e naturais, que son un dos grandes atractivos do noso concello. Grazas a este tipo de axudas podemos seguir renovando infraestruturas e ofrecendo espazos de lecer en mellores condicións para todos”.

García lembrou tamén que “esta actuación súmase a outras realizadas nos últimos anos, como a creación da área de autocaravanas na Ría de Abres ou a construción dunha nova área recreativa en Villapena”. 

Con este proxecto, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa posta en valor do patrimonio natural e coa creación de espazos turísticos e de ocio accesibles, seguros e respectuosos co medio ambiente.

Páxina anterior Rematan as obras de mellora do vial que une Fórnea e Vilamartín Pequeno

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados