O Concello de Trabada apoia ao Trabada Futsal na final da VI Copa Deputación de Lugo

O Concello de Trabada apoia ao Trabada Futsal na final da VI Copa Deputación de Lugo

O Trabada Futsal disputará este sábado, 1 de novembro, a final da 2ª División Masculina da VI Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala. O encontro terá lugar ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Barreiros, onde o equipo de Trabada se enfrontará a A Lareira Os Meigallos FS “B”.

Esta final supón un fito destacado para o club, que participa por primeira vez nun encontro decisivo dunha competición oficial desde a súa nova creación no ano 2016. O Trabada Futsal foi medrando en número de xogadores, estrutura e actividade, converténdose nun referente deportivo no concello.

O alcalde de Trabada, Rubén García, amosou o apoio do Concello ao equipo e sinalou que “desde o goberno local mantemos un compromiso firme coa promoción do deporte e coa colaboración cos clubs do municipio. O Trabada Futsal é un exemplo de esforzo, constancia e implicación social, e é motivo de orgullo para toda a veciñanza”.

O Concello de Trabada anima a todas as persoas afeccionadas ao deporte a achegarse este sábado ao pavillón municipal de Barreiros para apoiar ao equipo nesta importante cita.

Detalles do evento:

  • Data: sábado, 1 de novembro de 2025

  • Hora: 17:00 h

  • Lugar: Pavillón Municipal de Barreiros

  • Encontro: Trabada Futsal vs. A Lareira Os Meigallos FS “B”

  • Entrada de balde

Desde o Concello destacan que o apoio ao tecido deportivo local é unha prioridade e que se seguirá colaborando con clubs, asociacións e entidades para favorecer a práctica deportiva en todas as idades e modalidades.

Páxina anterior O Concello de Trabada presenta unha nova ruta dentro do programa “Coñece Trabada” para o 9 de novembro

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados