O Concello de Trabada forma parte da agrupación de concellos (Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol) que presta o Servizo de Atención Temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos.
A atención temperá é un servizo público e gratuíto dirixido á infancia que presenta trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos, así como ás súas familias. O obxectivo é dar resposta de forma temperá ás súas necesidades e favorecer o seu desenvolvemento, autonomía persoal e inclusión social.
Este servizo está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e pola Xunta de Galicia, no marco da Rede Galega de Atención Temperá.