O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora nas estradas e vías municipais no núcleo de Vilarbetote, unha actuación que contou cun investimento de máis de 50.000 euros. Este proxecto forma parte dun convenio asinado no pasado ano coa Deputación de Lugo, no marco do cal tamén se levarán a cabo outras actuacións no municipio como: a renovación do parque infantil de Fórnea e a mellora dos accesos á antiga escola tamén desta parroquia, a actuación nos accesos ao lugar de Louro, en Sante, o pintado do teleclub de Vilaformán e a mellora do teleclub da parroquia da Vilapena. O alcalde de Trabada, Rubén García, visitou o remate das obras acompañado pola concelleira Rosa Pérez Prieto, destacando que “continuamos traballando na mellora das nosas infraestruturas e espazos públicos, intentando chegar ao conxunto do territorio e realizar actuacións nas oito parroquias do noso concello”. O rexedor anunciou ademais que nas vindeiras semanas se darán a coñecer novas actuacións que se levarán a cabo tanto noutros puntos do municipio como no propio núcleo de Vilarbetote, dando continuidade a esta liña de investimento e mellora continua. Desde o Concello subliñan o seu compromiso coa modernización das infraestruturas municipais e coa mellora da calidade de vida da veciñanza.

O Concello de Trabada remata as obras de mellora viaria no núcleo de Vilarbetote

  O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora nas estradas e vías municipais no núcleo de Vilarbetote, unha actuación que contou cun investimento de máis de 50.000 euros.

Este proxecto forma parte dun convenio asinado no pasado ano coa Deputación de Lugo, no marco do cal tamén se levarán a cabo outras actuacións no municipio como: a renovación do parque infantil de Fórnea e a mellora dos accesos á antiga escola tamén desta parroquia, a actuación nos accesos ao lugar de Louro, en Sante, o pintado do teleclub de Vilaformán e a mellora do teleclub da parroquia da Vilapena.

O alcalde de Trabada, Rubén García, visitou o remate das obras acompañado pola concelleira Rosa Pérez Prieto, destacando que “continuamos traballando na mellora das nosas infraestruturas e espazos públicos, intentando chegar ao conxunto do territorio e realizar actuacións nas oito parroquias do noso concello”.

O rexedor anunciou ademais que nas vindeiras semanas se darán a coñecer novas actuacións que se levarán a cabo tanto noutros puntos do municipio como no propio núcleo de Vilarbetote, dando continuidade a esta liña de investimento e mellora continua.

Desde o Concello subliñan o seu compromiso coa modernización das infraestruturas municipais e coa mellora da calidade de vida da veciñanza.

Páxina anterior O Concello de Trabada abre inscricións para unha nova ruta polo Camiño Norte

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados