O Concello de Trabada remata novas melloras en vías municipais das parroquias de Vilaformán e Vilapena

O Concello de Trabada remata novas melloras en vías municipais das parroquias de Vilaformán e Vilapena

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora en diferentes estradas municipais nos lugares de Carreirachá, na parroquia de Vilaformán, e O Bargo, na parroquia da Vilapena. Esta actuación contou cun orzamento de algo máis de 26.000 euros.

Os traballos están incluídos dentro do Plan de Cooperación cos Concellos 2025 da Deputación de Lugo, a través do cal o Concello de Trabada tamén levou a cabo outras actuacións no municipio como: a mellora de vías en Foxos, Barreiros e Abaira, e tamén a construción dun almacén no pavillón de Sante.

Ademais destas actuacións xa rematadas, está previsto que nos vindeiros meses se executen novas melloras nas parroquias de Vilaformán e Vilapena, que incluirán o pintado exterior e a instalación de canalóns no teleclub de Vilaformán, así como a mellora do teleclub da Vilapena.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos avanzando na mellora das nosas infraestruturas municipais, actuando en diferentes parroquias e atendendo ás necesidades da veciñanza. O obxectivo é continuar renovando vías e espazos públicos para mellorar a calidade de vida no noso concello”.

Dende o Concello subliñan que estas actuacións forman parte dunha liña de traballo continuada para  garantir mellores servizos en todo o territorio.

 

Páxina anterior Trabada acollerá a súa primeira Ruta Cabalar o vindeiro 18 de abril

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados