A colaboración entre o Concello de Trabada e a Asociación Saúde Mental A Mariña repítese un ano máis coa elaboración das cuncas da Enfariñada

A colaboración entre o Concello de Trabada e a Asociación Saúde Mental A Mariña repítese un ano máis coa elaboración das cuncas da Enfariñada

 O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu no día de hoxe no Concello aos membros da Asociación Saúde Mental A Mariña, entidade coa que o municipio mantén unha colaboración continuada ao longo dos últimos anos.

Esta asociación foi a encargada de elaborar as cuncas que se empregarán na vindeira edición da Festa da Enfariñada, reforzando así o vínculo entre o Concello e este colectivo, que desenvolve un labor fundamental no ámbito social.

Desde o Concello de Trabada destacan a importancia de apoiar iniciativas como esta, que contribúen á inclusión e á visibilización do traballo que realiza Saúde Mental A Mariña.

Ademais, no marco da celebración da Festa da Enfariñada, que terá lugar o próximo 3 de maio, os propios membros da asociación estarán presentes cun posto no que ofrecerán diferentes produtos.

O alcalde, Rubén García, sinalou que “é moi importante seguir colaborando con entidades como a Asociación Saúde Mental A Mariña, que realizan un traballo fundamental na nosa sociedade. Desde o Concello queremos aportar o noso gran de area para apoiar este tipo de iniciativas”.

 

Páxina anterior O Concello de Trabada organiza unha nova edición do Encontro dos Maiores o vindeiro 17 de maio

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados