O Concello de Trabada remata as obras de mellora das vías no lugar de Louro, na parroquia de Sante

O Concello de Trabada remata as obras de mellora das vías no lugar de Louro, na parroquia de Sante

O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora das vías de comunicación no lugar de Louro, na parroquia de Sante, unha actuación que supuxo un investimento de algo máis de 25.000 euros.

Esta intervención permitiu mellorar o estado das vías neste núcleo de poboación, facilitando así a mobilidade e incrementando a seguridade para os veciños e veciñas da zona.

A actuación enmárcase dentro dun convenio asinado coa Deputación de Lugo, a través do cal tamén se están a levar a cabo outras melloras no municipio, como a mellora dos accesos a Vilarbetote ou a reforma do parque infantil de Fórnea.

Así mesmo, nas vindeiras semanas darán comezo novas actuacións incluídas neste mesmo convenio, entre as que destacan a reforma dos teleclubs de Vilaformán e Vilapena, así como a mellora dos accesos á antiga escola de Fórnea.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos avanzando na mellora das nosas infraestruturas básicas, actuando en diferentes parroquias para dar resposta ás necesidades da veciñanza”. Neste sentido, subliñou que “este tipo de actuacións permiten mellorar a calidade de vida no rural e garantir unhas mellores condicións de acceso e comunicación nos nosos núcleos”.

Desde o Concello de Trabada sinalan que continúan traballando para levar actuacións a todo o territorio municipal, co obxectivo de seguir mellorando os espazos e servizos públicos.

Páxina anterior O Concello de Trabada asina a cesión da antiga escola de Villafernando para uso social coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados