O Concello de Trabada facilita un ano máis a presentación gratuíta da declaración da renda

O Concello de Trabada facilita un ano máis a presentación gratuíta da declaración da renda

O Concello de Trabada volve ofrecer este ano o servizo de axuda para a presentación da declaración da renda, tras a boa acollida rexistrada en edicións anteriores.

Grazas a este programa, calquera veciño ou veciña poderá realizar este trámite de maneira totalmente gratuíta nas propias dependencias municipais mediante un sistema de videoasistencia, evitando desprazamentos fóra do concello e o custo deste servizo.

O prazo para solicitar cita previa abrirase o vindeiro mércores 29 de abril, mentres que a atención para presentar a declaración da renda terá lugar entre o 6 de maio e o 30 de xuño.

As persoas interesadas poderán solicitar cita previa preferentemente no propio Concello de Trabada, onde tamén recibirán asesoramento. Ademais, tamén se poderá facer a través de internet, na sede electrónica da Axencia Tributaria, ou por teléfono nos números 91 553 00 71 e 901 22 33 44.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos impulsando iniciativas que faciliten a vida da nosa veciñanza, especialmente das persoas maiores, aínda que este servizo está dirixido a toda a poboación”. Neste sentido, subliñou que “é fundamental ofrecer alternativas para que os veciños e veciñas poidan realizar trámites como a declaración da renda sen custos e sen necesidade de desprazarse fóra do municipio”.

Desde o Concello lembran a importancia de solicitar cita previa con antelación para garantir unha correcta atención.

 

Páxina anterior O alcalde de Trabada mantén unha reunión co delegado do Goberno en Galicia para abordar os temas de acceso á vivenda e servizos no rural

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados