O Concello de Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón municipal afectada polo incendio rexistrado o pasado mes de xaneiro.

Nun primeiro momento, o alcalde de Trabada, Rubén García, trasladou persoalmente nunha carta ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes unha solicitude de colaboración extraordinaria da Xunta de Galicia para afrontar a reparación destas instalacións deportivas. A resposta remitida pola administración autonómica descartou esa colaboración extraordinaria e limitouse a derivar ao Concello ás diferentes convocatorias ordinarias de subvencións existentes.

Ante esta situación, desde o Concello de Trabada optouse por buscar novas vías de financiamento para acometer unha primeira fase das actuacións, centrada na substitución da cuberta e parte da estrutura da zona de vestiarios danada polo incendio.O proxecto presentado ascende a algo máis de 50.000 euros e permitirá avanzar na recuperación destas instalacións deportivas municipais.

O alcalde, Rubén García, destacou que “desde o Concello seguimos traballando para conseguir financiamento e poder recuperar completamente este espazo tan importante para os veciños e veciñas de Trabada”.

Así mesmo, sinalou que o obxectivo é continuar buscando novas axudas e recursos económicos que permitan acometer progresivamente a reforma integral dos vestiarios do pavillón municipal.

 

Páxina anterior O Concello de Trabada abre mañá as inscricións para o campamento de verán e o campamento xuvenil

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados