O Concello de Trabada anuncia unha nova actuación de mellora viaria en Vilarbetote cun investimento superior aos 68.000 euros

O Concello de Trabada anuncia unha nova actuación de mellora viaria en Vilarbetote cun investimento superior aos 68.000 euros

O Concello de Trabada executará nos próximos meses unha nova actuación de mellora nunha estrada municipal do núcleo de Vilarbetote, concretamente na vía que conecta a estrada nacional N-640 co núcleo de Margaride.

O proxecto, cun orzamento superior aos 68.000 euros, está incluído dentro do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo e permitirá acometer unha reforma integral desta infraestrutura viaria.

As obras contemplan a limpeza previa de cunetas, o aglomerado en quente da totalidade da vía, o pintado completo do trazado e a instalación de nova sinalización vertical, mellorando así a seguridade, accesibilidade e estado xeral desta comunicación municipal.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos avanzando na mellora das nosas estradas municipais, actuando en diferentes parroquias e renovando infraestruturas fundamentais para o día a día da nosa veciñanza”.

García sinalou ademais que “esta nova actuación en Vilarbetote forma parte do traballo constante que vimos realizando para seguir modernizando os nosos servizos e mellorando as comunicacións no rural”.

O rexedor anunciou tamén que nas próximas semanas o Concello continuará dando a coñecer novas actuacións que se executarán noutras parroquias do municipio.

Páxina anterior O Concello de Trabada abre unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas para apoiar ao sector primario

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados