O Concello de Trabada abre unha bolsa de emprego para cubrir as vacacións do persoal de limpeza

O Concello de Trabada abre unha bolsa de emprego para cubrir as vacacións do persoal de limpeza

O Concello de Trabada abre unha bolsa de emprego temporal co obxectivo de cubrir as vacacións do persoal do servizo municipal de limpeza durante os próximos meses.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada.

O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”.

Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional. 

 

Páxina anterior Comezan en Trabada os campamentos de verán infantil e xuvenil para favorecer a conciliación familiar

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados