O Concello de Trabada participa no programa de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.
Esta actuación ten como finalidade mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral das persoas mozas desempregadas, facilitándolles unha experiencia profesional mediante o desenvolvemento de tarefas relacionadas cos servizos municipais.
A través deste programa, o Concello de Trabada levou a cabo a contratación de persoal durante un período de nove meses, contribuíndo á adquisición de experiencia laboral e competencias profesionais.
A iniciativa permite reforzar a prestación dos servizos municipais e favorecer as oportunidades de acceso ao mercado laboral da mocidade.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea — Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
