Os concelleiros do Concello de Trabada Julia María Barcia e Rubén García visitaron hoxe o Centro de Atención aos Maiores de Trabada, onde celebran durante toda a xornada a festividade do Magosto.
Trátase dunha actividade onde ademáis de falar desta festa do outono, as persoas usuarias do centro cantaron cancións populares e disfrutaron de castañas asadas. Pola tarde, saborearán unha merenda de castañas cocidas con leite.
A día de hoxe, o Centro de Atención a Maiores conta con 29 usuarios, pero na xornada de mañá cubriranse a totalidade das prazas coa chegada dunha nova usuaria procedente do Concello de Trabada.
Dende o Goberno Municipal querese unha vez máis destacar o modelo de xestión do centro, a través do cal se atende a calquera veciño con independencia da súa capacidade económica. Tamón poñen en valor a labor de todos os profesionais que traballan coidando dos maiores.