Novo equipamento para a atención de emerxencias no Concello de Trabada

A Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Trabada ven de acadar un remolque para a atención de emerxencias, tras a solicitude do Concello de Trabada o pasado 19 de agosto de 2024.

No día de onte, o alcalde Rubén García Freije e varios membros da Agrupación de voluntarios desprazáronse ata a Sede da Axencia Galega de Emerxencias para efectuar a recollida do novo remolque para emerxencias.

O alcalde destacou: “grazas a xestión desde o Concello de Trabada e a boa labor dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada puidemos acadar este novo equipamento para a atención de emerxencias”

Ademáis destacou o traballo da Agrupación de Voluntarios: “ A súa labor é fundamental en calquer emerxencia que ocorre no noso concello, e así se ve reflexado o seu bo traballo e servizo que prestan, acadando unha alta puntuación na orde da subvención e así ser beneficiarios deste novo equipamento”

O Concello de Trabada agradece o compromiso e entrega da Agrupación de voluntarios de Protección de Civil, unha peza clave na seguridade e benestar da veciñanza.

Páxina anterior O Concello de Trabada realizará a recollida de plásticos agrícolas o 19 de maio

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados