O Museo Etnográfico Xosé Rocha celebra dúas xornadas de portas abertas durante as festas patronais de Trabada

O Museo Etnográfico Xosé Rocha celebra dúas xornadas de portas abertas durante as festas patronais de Trabada

Coincidindo coas festas patronais, o Concello de Trabada organiza os días 15 e 16 de agosto unhas xornadas de portas abertas no Museo Etnográfico Xosé Rocha, en horario de 18:30 a 20:30 horas.

Durante ambas tardes, a veciñanza e visitantes poderán achegarse a este espazo dedicado á memoria colectiva e ao patrimonio cultural de Trabada. Ademais, ás 18:30 horas de cada día haberá visitas guiadas, nas que se explicará o contido das exposicións e o valor histórico dos obxectos recollidos no museo.

Estas xornadas supoñen tamén unha homenaxe ao legado e á memoria de Xosé Rocha, figura clave para a recuperación e preservación da historia local a través do seu traballo como recopilador e divulgador da cultura popular.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “o Museo Etnográfico Xosé Rocha é un exemplo do que se pode conseguir cando hai compromiso co noso pasado e coa nosa identidade. Queremos que toda a veciñanza, e tamén quen nos visite nestes días, poida coñecer e valorar este legado”. Engadiu tamén que “seguiremos traballando por manter vivo o patrimonio cultural do municipio e facilitar espazos para a súa difusión e desfrute”.

Desde o Concello de Trabada anímase á participación nesta actividade, que forma parte do compromiso municipal coa posta en valor do patrimonio etnográfico e coa dinamización cultural do territorio.

Páxina anterior Todo listo para a XXII Xira da Cadeira este sábado 9 de agosto

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados