O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe ao Balneario de Mondariz e Pontevedra o 13 de decembro

O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe ao Balneario de Mondariz e Pontevedra o 13 de decembro

O Concello de Trabada continúa co seu exitoso programa de viaxes culturais e de ocio, unha iniciativa moi ben acollida pola veciñanza. Nesta ocasión, a proposta levará ás persoas participantes ao Balneario de Mondariz e á cidade de Pontevedra, o vindeiro 13 de decembro de 2025.

A actividade, cun prezo de 60 euros por persoa, inclúe: acceso ao Balneario de Mondariz, comida, visita ao mercadiña de Nadal de Pontevedra e seguro de viaxe. En canto á saída será ás 7:30 horas dende o Concello de Trabada e o regreso está previsto ás 22:30 horas do mesmo día.

As prazas son limitadas a un máximo de 30 persoas e poderán participar veciños e veciñas de Trabada maiores de idade. As inscricións poden realizarse nas oficinas municipais ata o 14 de novembro. No caso de quedar prazas dispoñibles, poderán sumarse tamén persoas con familiares empadroados no municipio.

É preciso levar traxe de baño, toalla, gorro e chanclas para poder gozar das instalacións termais.

O alcalde de Trabada, Rubén García, subliña que “estas viaxes permiten compartir experiencias, coñecer novos lugares e fortalecer os lazos entre a veciñanza. O éxito das anteriores edicións anímanos a seguir promovendo este tipo de propostas que combinan cultura, descanso e convivencia”.

Páxina anterior O Concello de Trabada inicia as obras de ampliación e mellora da zona verde no complexo deportivo municipal

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados